COMUNICADO Los Ángeles Gas Medidas COVID-19 27 febrero-17 marzo
Últimos cambios derivados por la covid19 y aplicando el DOG de 26 de enero comunicamos a nuestros clientes que al estar las gasolineras consideradas como servicios esenciales se mantendrán abiertas, pero hemos adelantado el horario de cierre a las diez de la noche.
Si bien indicamos los cambios en el resto de nuestras instalaciones relativas a hostelería
MEDIDAS NIVEL MÁXIMO DE PREVENCIÓN FRENTE O COVID-19 EN TODA GALICIA DENDE HOXE ATA O 17 DE FEBREIRO.
MOBILIDADE LIMITADA: Restrínxese a mobilidade ao ámbito municipal. Non será posible entrar ou saír do concello de residencia salvo por motivos sanitarios, laborais, educativos ou asistenciais.
REUNIÓN ENTRE CONVIVENTES: Quedan prohibidas as reunións entre non conviventes excepto para asistencia a maiores e menores, motivos laborais ou motivos educativos.
HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN: Bares e restaurantes estarán pechados. Permítese a recollida ata as 21:30 h, servizo de entrega a domicilio ata as 00:00 h.
COMERCIO E CENTROS COMERCIAIS: O comercio esencial pechará ás 21:30 h. Os negocios que non ofrezan servizos esenciais abrirán ata as 18:00 h. Os centros comerciais pecharán ás 18:00 h. e os fins de semana.
VISITAS HOSPITALARIAS: Contínuan interrumpidas as visitas a enfermos, agás nos casos de persoas dependentes, acompañamento no parto ou menores.
CENTROS SOCIAIS: Pénchanse todos os centros sociais e similares, como centros sociocomunitarios e clubs de xubilados. Seguen abertos os centros de día.
EDUCACIÓN: As universidades retomarán as clases de xeito telemático o día 8 de febreiro. Ensinanzas de réxime especial como escolas de música, idiomas, etc… suspenden as clases presenciais.
DEPORTE: A práctica deportiva queda restrinxida a deporte individual ao aire libre, con máscara e no ámbito do propio concello. Ximnasios e centros deportivos estarán pechados.
CULTURA: Suspéndese a actividade de museos, bibliotecas, teatros, auditorios ou calquera outro establecemento cultural e de espectáculos.
MEDIDAS DE PROTECCIÓN: Está prohibido comer, beber ou fumar en movemento pola rúa. Segue sendo obrigatorio o uso da máscara. Tamén para correr e mesmo se se poden garantir dous metros de distancia.
TOQUE DE QUEDA: Non será posible sair á rúa entre as 22:00 h. e as 06:00 h.
RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA XUNTA DE GALICIA: Aconséllase que as persoas maiores limiten as súas saídas a pequenos paseos, evitando os contactos. As empresas deben favorecer o teletraballo.